Asinando libros[...] E ando estes días ler Los últimos días de Michi Panero (Ediciones DVD), de Miguel Barrero. Pensando en como a realidade imita a ficción ou a natureza á arte. Tamén en Michi Panero, o máis novo dunha fin de raza ou iso dícía algún deles nesa película xa clásica que se chama El desencanto, de Jaime Chávarri, que íamos ver co mesmo fervor de convencidos que puxéramos en todo aquilo que non fora como nós quixeramos. Pero fora. No ínterím os Panero fillos ían suplantando o pai dipsómano e clásico, liberal e franquista, unha mestura estraña. E no fondo, alá no fondo, Luis Cernuda, como pasear con Felicidad Blanc, sen o seu espello de sombras aínda, por Hyde Park. Que tampouco é o Retiro, onde eu estivera unha tarde poirenta asinando poesía con Leopoldo María Panero.
Texto: Vicente Araguas
Fuente: El Correo Gallego, 14 de junio de 2009
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada